From the galician ecologist movement to the FSC:
In Galicia, we have been suffering for many years the consequences of the dreadful influence of the company ENCE in our natural environment and in our economy. The forestry branch of ENCE, dedicated to the monoculture and trading of eucalyptus wood for the manufacturing of pulp has played a role that has caused the impoverishment and abandonment of rural communities, abandonment of forestry lands, what causes a high risk of fire, has caused intense erosion of lands of its own and held with other companies due to the plantation methods applied, has used, on a massive basis, large volumes of pesticides that have caused the loss of biological diversity and the destruction of resources, has polluted streams and underground aquifers, has caused the loss of fitness of the forest for leisure purposes, has replaced natural systems protected by the Directive on Habitats and has caused the loss of quality of the landscape of the areas occupied by their activities.
But in spite of putting in practice a model of forestry management evidently unsustainable and that seriously breaches most of the principles and criteria of the FSC, in complicity with the certifier SGS, the company has obtained the certificate of the council. In secret, hiding the situation of the lands to conceal their bad practices, although the claims submitted clearly evidence the non-compliance with principles and criteria, NORFOR continues to be certified.
At present the company is authorized to purchase wood and to transform it into certified wood, with no other control apart from the one supposedly exercised by the certifier that has shown its efforts for keeping the certification of NORFOR at all costs; in the meantime, the company continues to purchase wood in any kind of estate that accepts the prices offered by them.
In view of this situation we request that, in accordance with the objective of the FSC to “promote the environmentally appropriate, socially beneficial and economically viable of the world’s forests” the certification of NORFOR is cancelled forthwith.
Galicia, August 31, 2006
FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALICIA VERDEGAIA COLECTIVO ECOLOXISTA LUITA VERDE ASEMBLEA DO SUÍDO OUREOL
A “APDR” solicita ao movemento ecoloxista do estado español a retirada do apoio ao “FSC”.
[24/07/2006 13:53] Nos últimos anos moitas das certificacións concedidas polo Forest Stewards Council (FSC) a plantacións forestais en Europa e América Latina teñen sido amplamente contestadas por organizacións de defensa ambiental e dos direitos humanos ao se comprobar como se veñen certificando enormes extensións de monocultivos xestionadas de xeito totalmente insustentabel e que están levando a pobreza a zonas escasamente desenvolvidas, expulsando moitas veces ás poboacións indíxenas do seu territorio.
Estas prácticas, contrarias ao espírito do FSC e froito da avidez das empresas forestadoras, contan coa complicidade das empresas certificadoras, que nas súas auditorías esfórzanse máis por agachar os aspectos negativos na xestión forestal das empresas solicitantes que por estudar o cumprimento dos parámetros esixidos polo selo certificador. Deste xeito, certificadores e certificados ven medrar os seus negocios obtendo suculentos beneficios.
A denuncia das actividades das filiais forestais de ENCE na Galiza (NORFOR) e no Uruguai (EUFORES), teñen posto de manifesto que os sistemas de xestión certificados están moi lonxe de se axustar aos 10 principios que garanten a sustentabilidade do modelo de xestión forestal e permiten a concesión do selo FSC. Neste sentido, un selo como o FSC, que contou co apoio do movemento ecoloxista e que sen dúbida xugou un valioso papel na redución do dano ambiental nas cortas de madeira nos países tropicais, ten pasado a xogar un papel que para nada pode seguir sendo respaldado polo ecoloxismo organizado.
Así as cousas, a “Asociación Pola Defensa da Ría”, que mantén unha reclamación contra da certificación concedida polo FSC a NORFOR e que observa con fonda preocupación as actividades da filial de ENCE no Uruguai, ven de solicitar aos grupos ecoloxistas que no momento actual seguen dando apoio ao FSC no estado español (GREENPEACE, Amigos de la Tierra, WWF-ADENA, Ecologistas en Acción e Sociedad Española de Ornitología) a súa retirada do grupo de apoio do Forest Stewards Council, un apoio que só se pode entender na medida en que FSC recupere para o seu selo os valores de sustentabilidade ambiental, económica e social.
Como se lembrará, a APDR solicitou tamén no seu día á Federación Ecoloxista Galega (FEG) a súa retirada do grupo de apoio galego ao FSC, retirada que a FEG fixo efectiva hai uns meses despois de tomar a decisión asambleariamente.